Monday 06 de May de 2024

A Xunta espera que o estado aplique de maneira inmediata as bonificacións da AP-9 porque os galegos non poden seguir agardando


― O vicepresidente primeiro, asistiu esta maña na Coruña ao acto de presentación das bonificacións da AP-9 onde indicou que a Xunta celebra que o Goberno comprendese a postura da Xunta

― Alfonso Rueda lamentou que as bonificacións non atendan as demandas dun dos colectivos máis afectados, como son o transportistas e lembrou que a Xunta propúxolle ao Ministerio de Transportes que se lles aplicase unha bonificación do 60% pero o Ministerio decidiu, finalmente, deixar esa bonificación en só un 20 para transportes pesados

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que a Xunta espera que o Estado aplique de maneira inmediata as bonificacións da AP-9, e lembrou que xa foron anunciadas o pasado outubro, e que 10 meses despois de anunciarse nos que os galegos seguiron pagando as peaxes máis caras de España, as bonificacións cheguen canto antes aos usuarios.

“Os compromisos, ademais de anuncialos, hai que cumprilos para que sirvan de algo. Xa estaban anunciadas as bonificacións e a AP-9 foi a autoestrada que máis subiu de España en xaneiro. E hoxe na data límite, celebro e espero, que sexa pronto unha realidade, aínda que é completamente insuficiente o 20% de desconto para o tráfico pesado”, indicou o vicepresidente primeiro.

O titular da Vicepresidencia primeira lamentou que as bonificacións non atendan as demandas dun dos colectivos máis afectados, como son o transportistas e lembrou que a Xunta propúxolle ao Ministerio de Transportes que se lles aplicase unha bonificación do 60% pero o Ministerio decidiu, finalmente, deixar esa bonificación en só un 20 para transportes pesados.

Alfonso Rueda asistiu esta maña na Coruña ao acto de presentación das bonificacións da AP-9 onde indicou que a Xunta celebra que o Goberno comprendese a postura da Xunta e entendese que os galegos non poden seguir agardando polos descontos da AP-9, sendo a principal arteria de comunicación de Galicia e a evolución das súas peaxes nos últimos anos, estaba a converterse nun problema para as familias, os traballadores e as empresas.